Saltar al contenido
PATO joyeros

Concurso de deseño

Participa deseñando unha xoia para mamá que se pode facer realidade

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga) convoca o XIV Certame «Deseña unha xoia para a túa nai», dirixido  a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.

Esta iniciativa, que acadou un gran éxito nas pasadas edicións, ten como obxectivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ao conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.

Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores polos nosos profesionais, permítelle aos pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.

Se tes ata 12 anos tan só tes que imprimir o díptico (ou pasar pola nosa tenda a recollelo), deixar voar a túa imaxinación, cubrir os datos e traérnola ou mandala directamente a seguinte dirección:

Colexio Oficial de Xoiaría
Rúa Laverde Ruiz, 6. Baixo dta.
15.702 Santiago de Compostela (A Coruña)

Os dípticos de participación podes imprimilo premendo no seguinte enlace:

A data límite para presentar un deseño é o sábado 30 de marzo 2024.

Bases completas aquí: