Saltar al contenido
PATO joyeros

🦆🔥 Un día inesquecible coa Revolta Irmandiña: deporte, emoción e medallas personalizadas ao momento

Hoxe vivimos un deses días que se quedan gravados —e nunca mellor dito— grazas á @arevoltairmandinha, un evento que non deixa de medrar e que xa vai camiño de converterse nunha das citas deportivas máis importantes da comarca. Enerxía, natureza, tradición e moita paixón deportiva mesturáronse nunha xornada que nos deixou o corazón cheo.

Concentradas gravando medallas

🥇 Medallas gravadas ao momento: un recordo único para cada participante

Este ano tivemos a sorte de formar parte da festa dun xeito moi especial: gravando ao momento as medallas de todos os participantes. Un servizo innovador que converte cada peza nun recordo persoal e irrepetible dunha proba que combina esforzo, superación e un entorno natural espectacular.

Cada medalla levaba unha historia detrás: a dun reto persoal, a dun grupo de amigos que corre xuntos, a dun debutante que se atreve coa súa primeira carreira ou a dun veterano que non falla nunca. E nós encantadas de poñerlle o toque final a cada unha delas.

Foto cedida polo Diario do Támega

🏃‍♂️🏃🏻‍♀️ Noraboa aos revoltosos… e aos campioons

A Revolta Irmandiña non é só unha carreira: é unha celebración da comunidade, da terra e do espírito inconformista que nos caracteriza. Por iso queremos dar a nosa máis sincera noraboa a todos os revoltosos participantes, e moi especialmente aos campioons, que deixaron o listón ben alto.

Foi un pracer acompañarvos nesta aventura tan especial.

❤️ E ti… es revoltoso?

Se viviches a Revolta Irmandiña, xa sabes do que falamos. E se non… quen sabe, igual o próximo ano tamén te atreves a formar parte desta festa do deporte e da identidade.

Deixamosche o video das nosas gravación por aquí